top of page

Panorama abrirá en Santa María de Melide as súas únicas catro actuacións de agosto nesta provincia

O festexo será mañá, 5 de agosto


Laura Moure/Melide

Santa María de Melide converterase mañá, mércores 5 de agosto nun dos grandes puntos de encontro da verbena galega. A Orquestra Panorama abrirá nesta parroquia o seu reducido calendario de actuacións do mes de agosto na provincia da Coruña, onde ofrecerá unicamente catro concertos.

Igrexa de Santa María de Melide.
Igrexa de Santa María de Melide.

A formación actuará durante ese mes en Santa María de Melide, Ordes, Melide e Betanzos, o que converte a cita do día 5 nunha das poucas oportunidades para desfrutar do seu espectáculo na provincia. Ademais, será a primeira actuación coruñesa de Panorama durante o mes de agosto.


A festa celebrarase nun enclave especialmente ligado á identidade de Melide e ao Camiño de Santiago. A parroquia de Santa María, situada no trazado do Camiño Francés, ten como principal símbolo a súa igrexa románica, unha das xoias patrimoniais do municipio e unha imaxe inseparable do paso de peregrinos cara a Compostela.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Neste espazo no que conviven patrimonio, tradición e cultura popular, a chegada da Orquestra Panorama terá un atractivo adicional: a formación despregará o seu escenario completo, cunha estrutura de aproximadamente 67 metros de ancho.


As grandes dimensións deste palco limitan considerablemente os lugares nos que pode instalarse. Por este motivo, unha parte importante das actuacións da orquestra realízanse cun formato reducido, duns 35 metros aproximadamente. Santa María ofrecerá, deste xeito, unha oportunidade pouco habitual para ver o espectáculo de Panorama na súa máxima dimensión, nun recinto preparado para acoller tanto a estrutura completa como a importante afluencia de público prevista.


A actuación de Panorama nas festas de San Roque de Melide, prevista para o día 14, realizarase co formato reducido, o que reforza o carácter excepcional da cita de Santa María dentro das catro actuacións provinciais da orquestra durante o mes de agosto.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Desde a Comisión de Festas destacan o importante esforzo económico e organizativo realizado para facer posible a chegada do espectáculo completo. "Apostamos por un cartel de primeiro nivel e por ofrecer unha noite especial, tanto para Santa María como para todas as persoas afeccionadas ás grandes verbenas. Poder contar con Panorama, co seu escenario completo, nunha das súas únicas catro actuacións de agosto na provincia da Coruña é para nós un motivo de orgullo", sinalan desde a organización.


A programación da festa na honra da Virxe das Neves dará comezo ás 13:00 horas coa misa solemne e a posterior procesión. Ás 14:00 horas, o Grupo JB SON será o encargado de amenizar a sesión vermú.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A gran verbena comezará ás 23:00 horas e contará coas actuacións do Grupo JB SON e da Orquestra Panorama, que presentará en Santa María o seu novo espectáculo co escenario completo.


A Comisión de Festas agradece a colaboración da veciñanza, das empresas, dos comercios, da hostalaría e de todas as persoas que participaron durante o ano nas diferentes iniciativas organizadas para facer posible unha celebración destas características.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A organización anima aos veciños da comarca e de toda Galicia a achegarse a Santa María de Melide para desfrutar dunha xornada que combinará tradición, patrimonio e un dos espectáculos máis destacados da verbena galega.

Datos da celebración

Festas de Santa María de Melide na honra da Virxe das Neves

Data: mércores 5 de agosto de 2026

Lugar: Santa María de Melide

13:00 h: misa solemne e procesión

14:00 h: sesión vermú co Grupo JB SON

23:00 h: gran verbena co Grupo JB SON e a Orquestra Panorama


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page