Palas solicita uns 86.000 euros para arranxar camiños e captacións de auga afectados polos incendios
- Laura Moure

- 16 feb 2023
- 1 Min. de lectura
Falamos dos lumes forestais que arrasaron Chorexe, Cabana e Pambre no pasado mes de xullo
Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei solicita varias axudas para reparar varias vias municipais nas parroquias de Cabana e Pambre que foron afectadas polos incendios que tiveron lugar en xullo de 2022. As accións solicitadas dividense en dous bloques, un de camiños e pistas forestais; e outro, de captación de puntos de auga.

Con respecto a solicitude de mellora e reparación de camiños e pistas forestais, o ente local demanda a reparación de varios camiños que unen Cabana con Chorexe, Cabana coas Augas e Cabana con Pambre.
Esta axuda foi solicitada ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e roza os 50.000 euros. Tamén, se solicitou outra para a construción de dous puntos de auga na zona de Cabana e Pambre cun orzamento de 36.000 euros.
NOTICIAS RELACIONADAS:







Comentarios