top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Palas reeditará o Plan de Emprego anticovid que permite contratar a 80 desempregados na pandemia


Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei.

Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei reeditará o Plan de Emprego anticovid, en virtude do cal, se contrataron 40 persoas en situación de desemprego por parte do ente local palense. Este Plan deu comenzo en 2020 a raíz da pandemia desatada pola Covid-19 e serviu para desenvolver obras de interese xeral, tales como limpeza e desinfección de espazos públicos, reforzo nos servizos de limpeza nos centros educativos e nos servizos de mantemento e limpeza do Punto de Atención Continuada (PAC) Comarcal.


Para este ano 2021, o Concello palense impulsará unha nova edición deste Plan de Emprego anticovid, que permitirá contratar a outras 40 persoas en situación de desemprego para desenvolver labores de limpeza, desinfección de espazos públicos e reforzo nos servizos de desinfección dos centros educativos e sanitarios de Palas de Rei. Dentro deste plan, tamén se inclúe a contratación dun/ha psicólogo/a para a atención a persoas que sufriron o Covid e unha educadora social para facilitar a conciliación familiar dos afectados.


Neste plan invertiranse máis de 300.000 euros que serán aportados polo Concello de Palas, a Xunta de Galicia e o Plan Único da Deputación de Lugo. Con esta medida o equipo de goberno palense pretende "incidir na axuda a aquelas persoas afectadas pola Covid e no desemprego provocado a consecuencia do peche de establecementos".

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page