top of page

Palas mantén en 2022 a bonificación no imposto de tracción mecánica ós tractores e apeiros agrícolas

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei manterá durante este ano 2022 a bonificación no imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) ós tractores e apeiros agrícolas. A bonificación, que incluso chega a alcanzar o 100% na maioría dos casos, aplícase ós preto de 1.000 tractores agrícolas/forestais domiciliados no municipio.

Esta medida repercute moi positivamente no sector agropecuario palense onde a maioría das explotacións contan con varios vehículos deste tipo. Isto tradúcese nun aforro

para este sector de preto 80.000 euros. O alcalde, Pablo Taboada, destaca a “importancia da medida, nun momento especialmente complicado, onde os custos están disparados”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page