Este municipio da Ulloa pechou o ano 2021 con máis de 400
Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei pechou o ano 2021 con máis de 400 matriculacións de vehículos no padrón de IVTM, segundo os datos feitos públicos polo Instituto Galego de Estadística. Na información que se aporta no banco de datos municipal referente ós concellos de Galicia, reflicte este importante dato para o Concello palense donde rexistra un total de 408 matriculacións no ano pasado, datos que confirmados pola DGT, sitúan a Palas de Rei como o segundo concello da provincia lucense en número de altas, tras a capital provincial.
O alcalde, Pablo Taboada, destaca este importante resultado no número de matriculacións, o que permite que este municipio sea o concello de Galicia con maior número de vehículos matriculados por habitante, tal e como indica esta información facilitada polo Instituto Galego de Estadística. “Nestes momentos, o Concello de Palas de Rei supera ampliamente os 6.000 vehículos matriculados entre turismos, furgonetas, autobuses, etc, isto, tamén, é consecuencia, do baixo nivel impositivo e as bonificacións fiscais que se están aplicando os máis de 1.000 tractores agrícolas-forestais domiciliados no concello”, subliña o rexedor
palense.
Comentarios