top of page

Palas de Rei repartirá máis de 1.000 euros en premios no seu concurso de disfraces

Os participantes poderán inscribirse a partir do 1 de febreiro


Laura Moure/Palas de Rei

Palas de Rei festexará o Entroido 2024, con actos programados na Praza do Concello para o luns, 12 de febreiro e martes, 13 de febreiro (festivo local).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O luns, 12 de febreiro, terá lugar o Entroido infantil, dirixido aos nenos e nenas que queiran participar, con diversos xogos inchables e chocolatada popular.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O martes, 13 de febreiro, celebrarase o “Concurso de disfraces” no que o Concello de Palas de Rei reparte máis de 1.000 euros en premios que estarán distribuídos en tres categorías (individual, grupos ata 5 persoas e categoría de Grupos), cada unha delas, reparte 3 premios e a maiores haberá un premio especial a orixinalidade no que compiten todas as categorías.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Nas dependencias do Concello, no departamento de Cultura, pódense inscribir os participantes no Concurso a partir do 1 de febreiro.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page