top of page

Palas de Rei promocionará os seus valores e recursos en Fitur

Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei promocionarase na Feira Internacional de Turismo (Fitur) dentro do apartado adicado a Xunta de Galicia. Así mesmo, o Concello palense repartirá 18.000 dípticos promocionales dos valores e recursos cos que conta o municipio, que se repartirán durante esta fin de semana, na sede da Feira en Madrid.


O alcalde, Pablo Taboada, que estará presente en diferentes actos e reunións o longo da feira, destaca a presenza nas reunións como a da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, na presentación do Xacobeo, nas reunións de Monumentos de España onde se encadra a promoción do Castelo de Pambre e da Igrexa de Vilar de Donas. Pablo Taboada, tamén aproveitará a feira para participar nas reunións de Destinos termais e en dúas mesas de Turismo activo e de natureza para promocionar as Torrentes de Mácara.

O Castelo de Pambre. Autor: Ecos da Comarca.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page