top of page
Foto del escritorLaura Moure

Palas de Rei promocionará o queixo da Ulloa no Salón Xantar de Ourense

O alcalde fai unha valoración positiva da presencia do seu concello en Fitur


Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde palense, Pablo Taboada, fai unha valoración positiva da presenza de Palas de Rei na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que serviu dunha “oportunidade inigualable de coller forzas novas e gañar visibilidade do municipio de cara o exterior”. Pablo Taboada, que ven de asistir, en días pasados a Fitur, destacou especialmente o interés amosado por diversos turoperadores en visitar o Camiño de Santiago e destacados puntos do municipio. Así mesmo, resalta que se entregaron varios miles de dípticos ao público, nos espazos de Fitur habilitados a tal efecto.


Pablo Taboada en Fitur.

Do mesmo xeito, o alcalde palense “agarda unha pronta recuperación dun sector estratéxico como é o turismo, castigado especialmente pola pandemia, a vez que confía no potencial que oferta Palas de Rei como destino seguro de cara os potenciais visitantes”. A súa vez, avanza que “Palas de Rei participará no Salón Xantar de Ourense onde promocionará a súa gastronomía, en especial a súa sinal de indentidade, como é o queixo da Ulloa”, tal e como quedou acordado no primeiro pleno da Mancomunidade de municipios do Camiño Francés da que este concello forma parte.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page