Palas de Rei promociónanse en Fitur potenciando o Camiño, Vilar de Donas ou Castelo de Pambre
- Laura Moure
- 25 ene 2024
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, acode a Fitur (Feira Internacional do Turismo), estes días, onde promociorá os atractivos turísticos do municipio, dando a coñecer a Palas de Rei no resto do mundo e destacando o Camiño de Santiago, declarado Patrimonio da
Humanidade pola Unesco, coas súas variantes Francesa e Primitiva que atravesan o municipio.
Publicidade
Destacando ademais unha das maiores xoias da arte románica que salpica a provincia e un dos grandes bens patrimoniais cos que conta o Concello de Palas de Rei, como é a igrexa de Vilar de Donas, que este ano celebra 800 anos como referente do románico e potenciando a fortaleza medieval de Pambre que rexistrou en 2023 un total de 8.260 visitantes e que conta cunha das salas expositivas máis activas e vivas da provincia.
Publicidade
Neste senso, o mandatario ten axendadas varias reunións con turoperadores de diferentes países tanto na tarde deste mércores, como para no día de hoxe, así como ten prevista a participación en diversas actividades e actos de promoción con diversas entidades, entre elas, coa Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés.
Publicidade
Comments