top of page

Palas de Rei loce unha árbore de Nadal de ganchillo de case catro metros

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Foi elaborada pola Asociación de Amas de Casa "San Tirso" deste concello

Laura Moure/IsmaelRS/Palas de Rei

O pasado luns tivo lugar a inauguración oficial da árbore de Nadal de Palas de Rei elaborada pola Asociación de Amas de Casa "San Tirso" de Palas de Rei en colaboración co Concello.

As artífices e o alcalde xunto á árbore. Autor: Ecos da Comarca.
As artífices e o alcalde xunto á árbore. Autor: Ecos da Comarca.

Dita árbore, foi tecida a man coa técnica do croché, mide case catro metros de alto e na súa base está dotada de case seis metros de perímetro.


O Concello de Palas de Rei colaborou coa Asociación de Amas de Casa para a súa instalación na Praza do Concello e asentamento da estrutura, ademais, de facerse cargo dos custes da elaboración.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Pola súa banda, as integrantes da Asociación encargáronse do tecido a man de cada un dos elementos que conforman a árbore. A directora desta inicitiva foi: Marisa López Martiñez e as integrantes que participaron no tecido da la a man foron: Inma González Ouro, Angela Pérez Vázquez, Inmaculada Varela Varela, Maria José Martinez Viña, Ana María Varela Mosquera, M. Carmen Carnero Pérez, Eva Toural Fernández, Maria José Muinelo Rico, Saladina Gómez Gómez, Mónica Vazquez Liñeira, Pilar Garcia Pereiro, Milagros Gómez Pereiro, Nely Pérez Vázquez, Begoña Sanmartín Rivas, Dolores Fernández González.


ECOS DA COMARCA estivemos alí e falamos con varias das artífices e co alcalde. Adiante vídeo:


0 comentarios

תגובות


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page