top of page

Palas de Rei dispón dunha pista multideportiva, anexa ás instalacións do colexio

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Foi posible á colaboración da Xunta de Galicia e do Concello e a súa execución supón un investimento de 60.000 euros


Laura Moure/Palas de Rei

Palas de Rei dispón dunha pista multideportiva, anexa ás instalacións do colexio plurilingüe, para dar atención tanto ao alumnado de dito centro educativo, como para, o público en xeral. Trátase, dunha nova infraestrutura deportiva, construída cun moderno céspede de herba sintética, onde os seus usuarios podrán practicar tanto fútbol, como baloncesto.

Está asentada nunha parcela de 3.000 metros cadrados na que nos vindeiros meses o Concello palense ten previsto acomenter as obras de urbanización do entorno e accesos.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A pista multideportiva foi posible á colaboración da Xunta de Galicia e do Concello e a súa execución supón un investimento de 60.000 euros. Estará dispoñible en horario lectivo para o alumnado do centro educativo e fóra dese horario, incluidas as fins de semana, para o público en xeral que desexe practicar estes deportes.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page