Laura Moure/Palas de Rei
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e o Concello de Palas de Rei organizaron un encontro con representantes dun grupo de inversores interesados na posta en marcha de proxectos empresariales nos ámbitos do sector turístico e agroalimentario.
Coa mirada posta no Camiño de Santiago e dirixidos a un segmento de público de alto nivel adquisitivo (interesado no turismo de luxo e productos gourmet), achegáronse a Palas de Rei conscientes do seu potencial nestas áreas. Os posibles inversores, buscan asentarse en zonas que, como esta, ofrezcan oportunidades de slow travel y slow food, atraendo a un público internacional de alto nivel adquisitivo de diferentes países (Alemania, Reino Unido, USA,…).
O grupo, que tuvo como anfitrión ao alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, estivo acompañado tamén polo conselleiro delegado, Eduardo Valín e polo Secretario da CEL, Jaime López, xuntos, visitaron diferentes establecementos turísticos e empresas da zona, así como, un dos seus principales reclamos turísticos, o Castelo de Pambre.
コメント