Estaba dirixido ao alumnado dos colexios das localidades de Palas de Rei, Antas de Ulla, Portomarín, Monterroso, Friol e Guntín
Laura Moure/Palas de Rei
O xurado do concurso A muller e o seu traballo hoxe convocado polo Centro de Información a Muller, con motivo do día da muller, e dirixido ao alumnado dos centros de educación Primaria de Palas de Rei, Antas de Ulla, Portomarín, Monterroso, Friol e Guntín, xa deu a coñecer os seus gañadores.
Son os seguintes:
Categoría quinto e sexto de Primaria, de entre 9 e 10 anos: Daniel Varela Burgos (de quinto de Primaria do CEIP de Palas de Rei)
Categoría terceiro e cuarto de Primaria, de 7 e 8 anos: Jesús Medela Vázquez (cuarto de educación Primaria do CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla).
Categoría primeiro e segundo de Primaria, de 6 e 7 anos: Manuel Coucheiro Rodríguez (de segundo de educación Primaria do CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla)
Categoría de educación infantil, de 3,4 e 5 anos: Rubén López Borges (sexto de educación Infantil do CEIP de Palas de Rei).
Os debuxos gañadores.
Comments