Dita actuación, que conta coa subvención da Xunta de Galicia, enmárcase dentro do Plan de Educación para dotar de pistas multideportivas ós diferentes municipios de Galicia
Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei adquiriu máis de 3.000 metros cadrados de terreno anexos as instalacións do CEIP Plurilingüe de Palas de Rei para dotar dun novo espazo de lecer e infraestruturas que darán servizo aos máis novos do municipio. O alcalde, Pablo Taboada xunto co concelleiro de Obras e Servizos, Amando Sande, revisaron a construción da pista multideportiva que contará cun espazo pechado onde se poderá practicar tanto fútbol como baloncesto.

“A pista estará dispoñible en horario lectivo para o alumnado do CEIP e xa fóra do horario lectivo, para todos os veciños/as que desexan practicar a actividade deportiva, fóra do horario escolar, así como, as fins de semana”, recalca o rexedor.
Dita actuación, que conta coa subvención da Xunta de Galicia, enmárcase dentro do Plan da Consellería de Educación para dotar de pistas multideportivas ós diferentes municipios de Galicia. O Concello palense agarda ter a mediados de decembro rematadas as obras para poñela en funcionamento á volta das vacacións de Nadal.
Comentarios