Levarase a cabo na Casa de Cultura cunha doazón do público de dous euros
Laura Moure/Palas de Rei
Palas de Rei acolle o I Ciclo de Teatro Amador Feteagal (1ª CITA) desde o vindeiro domingo, 31 de outubro e ata o domingo, 23 de xaneiro, con diversas representación programadas para as fins de semana, nas que se podrán ver a grupos galegos, socios de Feteagal, pero tamén a dous grupos de ámbito nacional que proveñen da Confederación Escenamateur.
Este ciclo está organizado por Feteagal en colaboración co Concello de Palas de Rei e o grupo local Metátese Teatro. O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, o presidente da Federación Teatral Afeccionada de Galicia, Feteagal, David Vázquez, o socio fundador, Valentín Varela, o director de Metátese Teatro, Afonso García, e varios de Metátese Teatro presentaron este xoves no salón de actos do Concello palense este ciclo teatral que se levará a cabo na Casa de Cultura de Palas de Rei, cunha doazón do público de dous euros.
A programación desta edición será a seguinte:
INAUGURACIÓN: 31 de outubro ás 18:00 horas – Metátese Teatro – Detrás das máscaras.
6 de novembro ás 20:00 horas– Oreteiro Teatro – Dúas pezas de microteatro.
13 de novembro ás 20:00h – Cía Noite Bohemia - La casa de Bernarda Alba.
20 de novembro ás 20:00h – La Locandiera (Madrid) – El coleccionista de Mariposas.
4 de decembro ás 20:00h – The-Sastre Teatro – Neve en Outono.
22 de xaneiro de 2022 ás 20:00h - Teatro Kumen (Asturias) – La comedia de las mentiras.
CLAUSURA: 23 de xaneiro de 2022 ás 20:00h – Delatoute Prod. – Mi Gran Mansión.
Comments