Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Palas de Rei albergará o 10 de abril unha nova edición do seminario sobre programación e robótica

A localidade foi escenario hoxe dunha mesa redonda sobre o queixo


Laura Moure/Palas de Rei

A robótica educativa será a protagonista da duodécima edición do Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos, que terá lugar en Palas de Rei o día 10 de abril. Esta actividade, nace coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro para os nenos e nenas, co fin de favorecer a análise e utilización crítica dos robots na escola, nas aulas e nos fogares. Tamén para ter unha visión práctica deste uso educativo.


De feito, este seminario vai dirixido a nenas e nenos de 1º a 6º de Educación Primaria; profesorado; familias (nais, pais, avós, ...) e persoas interesadas en iniciarse en cuestións relacionadas coa robótica educativa. Poderán asistir sempre e cando queden prazas libres, tendo en conta a prioridade de inscrición dos nenos e nenas de Palas de Rei. Este seminario ten unha capacidade de 30 participantes. Será na Casa da Cultura da localidade, gratuito e os interesados poderán resolver calquera dúbida ou anotarse en neg@neg.gal O horario será de 9:00 a 13:45 horas.


O acto de presentación deste seminario, estivo presidido polo alcalde, Pablo Taboada, e contou coa presenza do director do CEIP de Palas de Rei, Julio Alberto Arias, e Rocío García do Centro Pedagóxico Aloumiño, ademais de integrantes do equipo técnico do seminario.


Mesa redonda

A experiencia de cada un dos premiados coas distincións de ouro na Cata dos Queixos de Galicia 2020, quedou manifesta na mesa redonda sobre o queixo das denominacións de orixe, que tivo lugar en Palas de Rei, no día de hoxe. Os diferentes productores das denominacións de orixe: Arzúa-Ulloa, Queixo de Tetilla, San Simón da Costa, Cebreiro disertaron sobre o queixo e a súa experiencia para abrirse camiño na producción e comercialización dos queixos tradicionais e de calidade, así como, a importancia das marcas de calidade diferenciada á hora de potenciar estas iniciativas.


Logo dun ano marcado pola pandemia, no que o balance, en termos xerais, para a produción e comercialización do queixo foi positiva, coincidiron na necesidade de dar saída ao leite galego como producto transformado, así como na cualificación persoal do sector como base para apertura de novas vías de emprendemento, sobre todo nesta era da dixitalización, a vez que se coida a sostenibilidade medioambiental (I+D) e o respecto polo medio ambiente.


Combinar a parte tradicional coa innovación, sempre tendo en valor a preservación materia prima e potenciando o sabor e o compromiso co territorio foron algunhas das conclusións que quedaron manifestas nesta mesa que foi clausurada polo conselleiro de Medio Rural, José González, e que contou coa presenza do alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, entre outras persoas.


A mesa redonda celebrada hoxe sobre o queixo en Palas de Rei.

24 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE