top of page

Palas de Rei acollerá o día 26 a V Andaina contra a Violencia de Xénero ata o Castelo de Pambre

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A inscrición é gratuíta, pero é preciso anotarse previamente


Laura Moure/Palas de Rei

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o día 26 de novembro, sábado, vaise a realizar a IV Andaina contra a Violencia de Xénero ata o Castelo de Pambre, unha actividade colectiva na que se pretende misturar deporte e solidaridade, así como visibilizar dito problema social e manifestar a implicación e compromiso do Concello de Palas de Rei na loita contra o mesmo.

As persoas participantes sairán ás 11:00 horas dende diante do Consistorio, na Avenida de Compostela, nº 28, e percorrerán os oito quilómetros que separan a Praza do Concello do Castelo de Pambre pasando polas parroquias do Carballal, Curbian, A Ulloa e Sambreixo, para rematar no Castelo de Pambre, emblema deste municipio e da comarca da Ulloa.


"Co lema Non máis Violencia contra as Mulleres o que se pretende denunciar é a violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións, amosar a nosa repulsa e rexeitamento contra esta lacra social e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respeto e a igualdade entre homes e mulleres", recalca o goberno local.


Dende o Centro de Información á Muller de Palas, anímase á participación cidadá, tanto de asociacións, colectivos, como de toda a veciñanza, non só de Palas de Rei, senón que tamén doutros concellos, a que se unan nesta andaina reivindicativa. Os participantes deberán inscribirse previamente na dependencias do Concello ou no Centro de Información a Muller de Palas e a inscipción e gratuita. Tamén o poden facer a través dos teléfonos do CIM 982 380 003 ou de Cultura 629 324 528.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Unha vez concluída a andaina no Castelo de Pambre, a organización dispón de transporte gratuito que trasladará aos participantes ao punto de inicio da andaina, é dicir, diante do Concello de Palas de Rei.


"Este ano contamos como socio colaborador desta andaina o grupo empresarial Jim Sports, sito en Palas de Rei, expresando así o seu compromiso co deporte e coa igualdade e que suma os seus esforzos na consecución do logro dunha sociedade libre de violencia de xénero", resalta o Concello.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page