Laura Moure/Palas de Rei
O día 13 deste mes terá lugar unha andaina popular na localidade de Palas de Rei. Baixo o lema O Rural contra a violencia de xénero a saída está prevista para ás 11:00 horas dende a Praza do Concello.
O percorrido será A Brea- Palas de Rei que supón uns tres quilómetros e será de dificultade baixa. Os interesados deberán anotarse previamente a través dos teléfonos 982 46 21 97 ou 982 38 00 03.
O Grupo de Desarrollo Rural (GDR) entregará a cada participante unha prenda conmemorativa e a iniciativa acabará cun aperitivo.
Comentarios