top of page

Palas benefíciase das axudas para a compra de vehículos eléctricos ou híbridos para a Policía Local

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Das comarcas tamén recibiron en exercicios anteriores estas subvencións para tal fin Lalín e Melide


Laura Moure/A Ulloa

Medio cento de concellos se benefician das axudas do Goberno galego para a compra de

vehículos eléctricos ou híbridos polo sistema de renting para o uso das policías locais no

período 2021-2022, segundo o informe do cal deu conta este xoves o Consello da Xunta. O

documento informa da resolución da convocatoria deste ano, que permitirá sumar 18

novos coches aos 34 concedidos en 2021. O investimento global ascende así a máis de

1,6 M€, enmarcados no Fondo de Compensación Ambiental. Das comarcas, Palas de Rei é un dos municipios beneficiarios.

O obxectivo da medida é favorecer a renovación dos parques móbiles dos corpos das

Policía Local de Galicia con vehículos máis sostibles. Ademais, a iniciativa forma parte das liñas de apoio da Xunta ás administracións locais, como entidades máis próximas á

cidadanía, e a prol da mudanza cara a un modelo de mobilidade e transporte facilitador

de contornas saudables.


Ao abeiro destas axudas, fináncianse as cotas mensuais que deben pagar os concellos

polo renting do vehículo. A cobertura é de ata un 75 % do custo total das cotas, cun

límite de 33.600 euros por municipio para o período de 48 meses. Cómpre sinalar que as

convocatorias prevén o pagamento anticipado do 100 % do importe da subvención

correspondente a cada anualidade, o que lles permite ás entidades beneficiarias

dispoñer do financiamento preciso para atender con regularidade e puntualidade o

pagamento das cotas.


Os vehículos adquiridos mediante este sistema deben ser coches patrulla tipo turismo

ou todocamiño, especialmente equipados e transformados para o cumprimento das súas

funcións. Inclúense os vehículos eléctricos, híbridos enchufables e non enchufables coas

condicións para obter o distintivo ambiental Cero emisións ou Eco.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Segundo o informe presentado onte, a meirande parte dos novos concellos que poderán dispoñer dun vehículo destas características co apoio da Xunta sitúanse na provincia da Coruña, con Abegondo, Cabanas, Carral, Laxe e As Pontes de García Rodríguez. Xunto a eles figuran Monforte de Lemos, Palas de Rei, Sarria e Viveiro, na provincia de Lugo; e A Cañiza, A Illa de Arousa e Ponteareas, na de Pontevedra. O orzamento global ascende a 600.000 euros.


Estes súmanse aos municipios beneficiados na convocatoria de 2021, que contou cun orzamento superior a 1 millón de euros. Na provincia da Coruña son Ames, Ares, Arteixo, Boiro, Brión, Carnota, Cedeira, Cee, A Laracha, Melide, Noia, Padrón e Rianxo. No caso de Lugo, trátase de Chantada, Mondoñedo e Ribadeo; e no de Ourense, de Verín e Viana do Bolo. Finalmente, en Pontevedra beneficiáronse Baiona, Cangas, A Estrada, A Guarda, Marín, Mos, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño e Vilanova de Arousa. A maiores, os concellos coruñeses de Coristanco, Miño, Ortigueira, Outes e Teo, así como o pontevedrés de Lalín, resultaron beneficiarios en ambas as anualidades.


Liña de axudas vixente ata 2026

Cómpre sinalar que esta liña de axudas estará vixente ata o ano 2026, no marco do compromiso da Xunta coas administracións locais. Neste eido, a través do Fondo de Compensación Ambiental, o Goberno galego colabora cos concellos na posta en marcha de proxectos destinados a evitar a degradación ambiental, na contratación de persoal e na adquisición de vehículos e maquinaria para a protección do ambiente. Favorécese tamén a mellora da rede de abastecemento de auga, de saneamento e do servizo de recollida de lixo, e actuacións de eficiencia enerxética e de emprego das enerxías renovables na luz pública, nas instalacións e edificios municipais e nos equipamentos de alta eficiencia enerxética. A Administración autonómica puxo en marcha en 2010 este fondo para distribuír os ingresos do canon eólico, o que permitiu ata agora cofinanciar proxectos por un importe de máis de 116 millóns de euros.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page