Padrón acollerá o 4 de maio unha concentración en defensa do río Ulla e contra Altri e a Mina de Touro
- ecosdacomarca

- 27 abr 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
ADEGA convida a participar na concentración en defensa do río Ulla que terá lugar o vindeiro domingo 4 de maio en Padrón. "Únete á baixada de rafting contra Altri e a mina de Touro, e defende o noso río coa forza da auga!"

Publicidade
O punto de encontro será no Campo da Insua (Padrón). Ás 8:30 horas arrancarán a actividade de rafting (inscrición previa obrigatoria) e a chegada das balsas, concentración e lectura de manifesto están previstos para as 13 horas.
Publicidade
Os interesados deben inscribirse neste enlace: AQUÍ. (Importante facer a inscrición para poder participar na baixada).








Comentarios