O BNG de Lalín pedirá explicación no Concello e no Parlamento galego polo incumprimento deste “anuncio electoral”
Ecos da Comarca/Lalín
O BNG de Lalín considera “unha total falla de vergoña e responsabilidade por parte da Xunta do PP en connivencia do alcalde de Lalín, que o centro de saúde siga sin servizo de pediatría polas tardes“cando foi o propio señor Crespo o que fai xusto un ano nos anunciaba a bombo e platillo en campaña electoral que esta praza do servizo de Pediatría pola tarde se cubriría xa o verán pasado de 2023”.
O voceiro municipal do BNG, Paco Vilariño, diante deste novo “despropósito que sigue
a poner en risco a vida, a saúde e a atención sanitaria dos veciños e veciñas”, esíxelle a
Crespo e ao PP na Xunta “que cumpran dunha vez por todas coa veciñanza e doten a
Lalín dun servizo sanitario que é precario por mor dos seus recurtes e as súas privatizacións”.
Vilariño critica “o engaño do PP e de Crespo unha vez máis á ciudadanía cando o
pasado mes de marzo de 2023, e en plena campaña electoral das municipais, Crespo e a
entón concelleira de Sanidade, Carmen Canda, comparecían diante dos medios para
anunciar “a bombo e platillo” que a Xunta estaba a tramitar a demandada praza de
Pediatría polas tardes para Lalín". Vilariño lembra ademais que “para colmo de tomadura
de pelo á veciñanza”, un mes despois (en abril de 2023 en plena campaña electoral),
Crespo daba xa por feita a dotación da praza “e mesmo nos anunciaba que o servizo ía
cubrirse despois do verán 2023”.
Segundo denuncia o BNG de Lalín, agora “os pais e nais coas súas reiteradas queixas”
voltan a demandar este servizo imprescindible que o PP e Crespo semellan usar “só
coma arma electoral”. Segundo explica a Xerencia de Sanidade a praza de Pediatría
polas tardes ao parecer segue baleira porque renunciou o titular que ía prestar este
servizo. Vilariño denuncia que este novo imcumprimento do PP “son excusas de mal
pagador” e só responde “á clara vontade da Consellería de Sanidade de eliminar aos
poucos o servizo de pediatría da Atención Primaria”. Algo que segundo explicou
Vilariño, están a facer dende o PP “grazas ás condición precarias que ofrecen aos
profesionais sanitarios”.
O BNG de Lalín, que leva moitos anos abandeirando esta medida, loitando do lado dos
pais e nais lalinenses por este servizo, anuncia que voltará a levar tanto ao Concello de
Lalín coma ao Parlamento de Galiza a denuncia desta situación “irresponsable e
inasumible” tanto por parte da Consellería de Sanidade coma polo propio alcalde, José
Crespo, que “fai seus os engaños dun goberno da Xunta culpable do deterioro da
atención sanitaria en Lalín e mesmo é capaz de mentirlle aos veciños e veciñas á cara,
só por uns votos”. O BNG lalinense esixirá de novo “solución e responsabilidades”
tanto dentro da Xunta coma do goberno local do PP “por seguir permitindo que a saúde
e a vida dos nosos veciños e veciños se poña en risco cada día polas súas mentiras e
privatizacións”.
Publicidade
Unha loita de moitos anos.
Paco Vilariño e o BNG levaron esta “situación gravísima” do Centro de Saúde de Lalín
ao pleno municipal e ao Parlamento de Galicia en reiteradas ocasións desde hai moitos
anos. Mesmo os veciños e veciñas afectados crearon unha campaña en Change.org, pero
a resposta do PP en Santiago e en Lalín “sempre foi a mesma, votar sistematicamente en
contra deixando aos pais e nais coa única alternativa de marchar cos seus fillos e fillas a
Clínico de Santiago ou recurrir á sanidade privada, sempre que a súa economía o
permita”.
O BNG critica que “mentres nós nos puxemos de lado da veciñanza para reclamar unha
sanidade pública de calidade para Lalín, o PP non fixo máis que votar en contra de todas
as iniciativas nacionalistas para dotar a Lalín dos profesionais e medios precisos”. Paco
Vilariño critica a “desvergoña” do PP que anunciou hai un ano este servizo “sabendo
que íamos seguir sen ter pediatra polas tardes, que escasean pola mañá, que os pais e
nais agardan ata 8 días por unha cita para unha simple consulta pediátrica, que os
usuarios agardan horas para ser atendidos por un pediatra no centro de saúde e mesmo
que en Urxencias non hai pediatras porque o Sergas non habilita estas prazas”.
Comments