top of page

PACMA únense á manifestación contra Altri de mañá na Pobra do Caramiñal

Ecos da Comarca/Xeral

O Partido Animalista PACMA confirmou que apoiará coa súa presenza a manifestación deste sábado 22 de marzo ás 12:00 na Pobra do Caramiñal para protestar contra a instalación da megaplanta de celulosa e fibras téxtiles de Altri. A formación política súmase á convocatoria de colectivos ecoloxistas, asociacións veciñais e agricultores para esixir a paralización deste proxecto que, apuntan, "pon en grave risco o futuro ambiental e socioeconómico de Galicia".

Desde PACMA denuncian que os efectos negativos desta industria "non se limitan ao consumo de auga e á transformación da paisaxe, senón que tamén supoñerán un aumento da contaminación do aire e da auga: A celulosa xera residuos químicos que poden afectar gravemente os ecosistemas locais", sostén a coordinadora provincial do Partido na Coruña, Manuela García.


Un modelo de desenvolvemento insostible

O Partido Animalista advirte que este tipo de proxectos adoitan presentarse como unha "oportunidade económica e de emprego", cando en realidade "benefician a grandes corporacións mentres os impactos negativos recaen sobre o territorio e os seus habitantes".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

PACMA considera que a economía galega debe apostar por "un modelo sostible que protexa o mundo rural, fomente o emprego estable e garanta o acceso a recursos naturais esenciais para a vida". "A auga, a biodiversidade e a calidade do aire non poden sacrificarse en nome dun modelo industrial depredador", apunta a coordinadora.


PACMA chama á mobilización o 22 de marzo O Partido Animalista fai un chamamento á cidadanía para unirse á manifestación do 22 de marzo na Pobra do Caramiñal e esixir que o Goberno galego reconsidere a aprobación dun proxecto que podería ter consecuencias irreversibles para o medio ambiente e a calidade de vida en Galicia.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page