Ecos da Comarca/Palas de Rei

O alcalde de Palas, Pablo Taboada, insta ao Goberno Central a corrixir a discriminación que está a cometer con Palas de Rei ao pretender deixar sen servizo de autobús a determinados concellos do rural galego como Palas de Rei, tal e como, se recolle no proxecto de Ley de Mobilidade Sostible que se está tramitando no Congreso dos Deputados.
"No mesmo establécese que o Goberno vai suprimir 22 rutas en Galicia, afectando a 10 concellos da provincia de Lugo, sendo Palas de Rei un deles", indica.
Publicidade
“Esta medida do Goberno de Pedro Sánchez afecta ao transporte de pasaxeiros como ao de estudantes, ó envío de paquetes e ata ó Camiño Santiago. Os veciños/as de Palas de Rei teñen tanto dereito a coller un autobús como os de calquera outro lugar” destaca o rexedor que ve “un trato discriminatorio”, as pretensións do Goberno Central de supresión destas paradas en Palas de Rei. “Medidas desta embergadura denotan claramente a nula vontade e interés do Goberno Central cos concellos do rural” conclúe Taboada.
Comments