Pablísimo ofrece hoxe un contacontos ao aire libre no xardín da Casa de Correos de Arzúa
- Laura Moure

- 7 ago 2025
- 1 Min. de lectura
É unha nova sesión do programa de animación á lectura O Xardín dos Contos
Laura Moure/Arzúa
O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, dentro da programación cultural do verán, unha nova sesión do programa de animación á lectura O Xardín dos Contos cun contacontos hoxe, xoves, 7 de agosto, dirixido a público infantil e familiar.

O espectáculo que se levará a cabo será Cabicivai a cargo do contador Pablísimo a partir das 19:30 horas no Xardín da Casa de Correos.
Publicidade
Este é un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa. Pablísimo é unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos, de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. E ten participado en diferentes mostras e festivais. Cabicivai é o seu novo espectáculo, ten unha duración de 45 minutos e está recomendado para maiores de 3 anos.
Publicidade
A sesión restante levarase a cabo o xoves 4 de setembro na Casa de Correos ás 18:00 horas. A entrada é libre e de balde a todas elas.








Comentarios