top of page

Pícanlle dúas rodas do seu vehículo en Lalín esta madrugada

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Daniel Taboada, o empresario afectado, lamenta o ocorrido e xa presentou denuncia


Laura Moure/Lalín

Un empresario lalinense atopouse esta madrugada con dúas rodas do seu vehículo picadas. Este estaba estacionado na capital de Deza. "Que tristeza que deixe un o coche na calle Areal e cando o colla se dea conta de que as rodas teñen uns navallazos", lamenta Daniel Taboada.

O vehículo coas dúas rodas picadas no lugar onde estaba estacionado.

"Fun a Santiago e cando me trouxeron ás seis da mañá, estaba así. Foron as dúas do lado dereito, pero agora teño que cambiar as catro, xa que non están gastadas igual", indica.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O afectado xa presentou esta tarde unha denuncia.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page