Os xogadores da Selección Española de balonmán adestran en Lalín para o partido contra Serbia
- ecosdacomarca
- 7 may 2024
- 1 Min. de lectura
Este disputarase este mércores, 8 de maio, na capital de Deza
Ecos da Comarca/Lalín

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este luns no pavillón Lalín Arena á sesión de adestramento da Selección Española absoluta de balonmán previa ao partido clasificatorio para o mundial previsto para mañá, mércores 8 de maio, no mesmo escenario fronte ao combinado de Serbia. Unha cita decisiva que conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra.
Publicidade
O mandatario provincial tivo a oportunidade de saudar aos xogadores e desexarlle sorte para un partido vital no que contarán con todo o apoio da sociedade pontevedresa, que encherá as bancadas deste pavillón para afrontar con vantaxe o encontro de volta desta eliminatoria que se resolverá en Serbia.
Publicidade
NOTICIAS RELACIONADAS:
Lalín acollerá o 8 de maio un dos partidos oficiais da selección absoluta masculina de balonmán: https://www.ecosdacomarca.com/post/lal%C3%ADn-acoller%C3%A1-o-8-de-maio-un-dos-partidos-oficiais-da-selecci%C3%B3n-absoluta-masculina-de-balonm%C3%A1n
A Deputación de Pontevedra destina 180.000 € á Federación Galega de Balonmán para dous partidos internacionais das seleccións absolutas: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-deputaci%C3%B3n-de-pontevedra-destina-180-000-%C3%A1-federaci%C3%B3n-galega-de-balonm%C3%A1n-para-dous-partidos-inte
Comments