top of page

Os Xenerais da Ulla volverán mañá cos seus versos ao campo de Bama en Touro

O concurso de disfraces repartirá 530 euros en premios e sortearase unha cesta de Entroido


Laura Moure/Touro

"O Entroido é un dos acontecementos aos que a xente de Touro non falta cada ano e onde os veciños e veciñas se xuntan e organizan para ser os máis orixinais. Unha das festas máis destacadas ten que ver coa tradición dos Xenerais da Ulla que neste concello libran con gran valentía os de Bama e os de Fao, en limpa competencia e rimas cada ano máis inxeniosas que repasan os acontecementos máis destacados", subliña a Asociación Cultural A Pinguela de Bama que lembra que mañá, domingo 12, volven os Xenerais da Ulla a esta parroquia.

"O tempo que a pandemia nos tivo sin poder disfrutar destas festas fíxonos ter máis ganas pola súa volta, por iso estamos preparando para mañá para o Entroido na parroquia de Bama ao que non lle vai faltar de nada dentro desta tradición xa de tantos anos", recalca este colectivo. Así sinala que xa están a traballar "arreo a Parranda, as Velladas, o Frade; teremos os atranques dos Xenerais, concurso e premios de disfraces para crianzas, adultos e carrozas; sorteos, música e baile tradicional e sobre todo, participación veciñal e boa acollida a quen queira achegarse a esta pequena parroquia do concello de Touro ás portas de Santiago e ao ladiño do Camiño de Santiago. Calquera que se achegue poderá concursar se vén disfrado".


Así mesmo, apunta que se repartirán 530 euros en premios e que os asistentes tamén poderán mercar rifas para a cesta de Entroido que se sorteará durante a festa.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Animámosvos a coñecer o domingo a partir das 16:30 horas no campo da festa da Bama este Entroido e o papel de cada un dos seus persoeiros. Asegurámosvos unha tarde de risa e desfrute dunha tradición que os veciños e veciñas, novos e maiores, consiguen ano tras ano manter viva e sentirse orgullosos de mantela cada ano activa".


Os interesados poden seguir este entroido a través do seguinte perfil de Facebook:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page