Poderán asistir tanto en horario de mañá coma de tarde e será no mercado gandeiro
Ecos da Comarca/Monterroso
Os veciños de Monterroso poderán facer este xoves, día 16, un cribado gratuíto con PCR para detectar casos de coronavirus que terá lugar no municipio de Chantada, tal e como informa o Concello de Monterroso.
Será no mercado gandeiro de Chantada en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. "Poderán asistir tamén veciños de Monterroso. Só é necesario ir previstos de DNI ou tarxeta sanitaria", indica o Concello monterrosino.

ความคิดเห็น