top of page

Os veciños da Rúa Emilio Alonso Paz ceden o seu Premio do Concurso Silleda Fai Nadal a AupaDeza

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

Nun xesto de solidaridade e compromiso coa comunidade, os veciños da Rúa Emilio Alonso Paz de Silleda decidiron ceder o premio que obtiveron no concurso Silleda Fai Nadal á asociación AupaDeza, que traballa incansablemente en apoio a persoas con neurodiverxencia e as súas familias.

O concurso Silleda Fai Nadal desenvolveuse no municipio durante o mes de decembro para fomentar a creatividade e participación cidadá, mediante a decoración dos seus fogares ou espazos públicos do Concello, premiando a orixinalidade e o aproveitamento de materiais reciclables.


A entrega de premios realizouse o venres 3 de xaneiro na Casa do Concello, e dita comunidade de veciños obtivo o recoñecemento como mención especial pola decoración do portal número 9 da Rúa Emilio Alonso Paz, Silleda, titulada como “Candy Shop”


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A donación será utilizada para apoiar os programas e actividades que AupaDeza ofrece ás persoas con neurodiverxencia, axudando a mellorar a súa calidade de vida e promovendo a súa inclusión na sociedade.


0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page