Mantiveron esta tarde unha reunión e decidiron continuar na loita e solicitar a Industria o expendiente desta LAT
Laura Moure/Agolada
A praza que hai ao lado da igrexa da parroquia agoladesa de Carmoega acolleu esta tarde unha asemblea informativa para abordar todo o relacionado coa Liña de Alta Tensión (LAT) polo Val de Carmoega. Cabe mencionar que un grupo de veciños do municipio puxeron en marcha unha plataforma para impedir a instalación da LAT nesta parroquia. O de hoxe foi un encontro moi concorrido e estivo presente o avogado do SLG, Ramón Barreiro.
"Viñeron todos os veciños e veciñas o que significa que había moito interese", apunta Marcial Barral, un dos afectados. "Acordouse, sen opinións en contra, continuar na loita e solicitar a Industria o expediente da Liña de Alta Tensión (LAT), xa que no Concello non o teñen", apunta.
En definitiva, neste encontro decidiron "continuar en contacto estreito e en oposición frontal a este trazado da LAT polo Val de Carmoega", incide Barral.
Asistentes á reunión, esta tarde, en Carmoega.
Comments