top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Os ullaos David Criado e Iván Ramos, no III Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Pesca de Cárnivoros Artificiais "Captura e Solta"

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla felicita aos veciños David Criado e Iván Ramos pola súa participación no III Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Pesca de Cárnivoros Artificiais "Captura e Solta".

Os ullaos clasificáronse para esta competición ao obter respectivamente o primeiro e o terceiro posto na proba galega Open Salmónidos Artificiais do pasado ano 2023.


Publicidade

O campionato no que se atopan participando agora é así mesmo un clasificatorio para o Campionato do Mundo 2025. "Moita sorte e grazas por representar a Antas de Ulla co voso talento!", sinala o Concello.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page