top of page

Os topónimos Agolada e Palas de Rei explicados pola Real Academia Galega

Laura Moure/Agolada/Palas de Rei

A Ponte dos Cabalos de Agolada. Autor: Ecos da Comarca.

A última tempada da serie audiovisual O Seminario de Onomástica responde xa pode verse na canle de Youtube da Real Academia Galega e na sección de vídeos desta páxina web. Seis membros de número da institución e os tres filólogos da unidade técnica de toponimia da RAG explican a orixe e o significado de Agolada, Balaídos, Cereixo, Chamoso, Eiré, Moeche, O Orzán, Palas de Rei e Vilariño de Conso. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A académica correspondente Luz Méndez aborda as distintas hipóteses sobre o nome do termo municipal pontevedrés de Agolada; o académico de número Gonzalo Navaza detense no de Balaídos neste ano do centenario do Celta de Vigo; o académico correspondente Xosé María Lema conduce o episodio sobre a parroquia de Cereixo, no concello de Vimianzo.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Pola súa parte, Óscar Castro achégase a Chamoso, nome dun río e dunha parroquia do Corgo; o académico correspondente Antón Palacio fala de Eiré, topónimo único no Nomenclátor de Galicia que designa unha das parroquias de Pantón; a historia do nome de Moeche é rescatada pola académica de número Ana Boullón; Iván Méndez percorre a do Orzán; o coordinador do Seminario, o académico de número Antón Santamarina, continúa a súa ruta polos concellos do Camiño Francés, desta volta con parada en Palas de Rei; e o coordinador da unidade técnica de toponimia, Vicente Feijoo, dedícalle un episodio ao concello ourensán de Vilariño de Conso.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

VÍDEO SOBRE A EXPLICACIÓN DE AGOLADA:

VÍDEO SOBRE A EXPLICACIÓN DE PALAS DE REI:




Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page