Os títulos da parcelaria de Liñares-Novela-Pezobrés, en Santiso, entregaranse este ano, segundo a Xunta
- ecosdacomarca

- 14 oct
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Santiso
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo este luns unha reunión co alcalde de Santiso, Manuel Adán, na que abordaron diferentes asuntos relacionados coa mobilidade de terra agraria.

No encontro, a responsable de Medio Rural trasladou ao rexedor que a Consellería ten previsto realizar antes de que remate o ano a entrega de títulos da zona de concentración parcelaria de Liñares-Novela-Pezobrés, que beneficia case 400 propietarios e acada unha superficie de 766 hectáreas.
Publicidade
Ademais, na xuntanza tamén se abordou a posible cesión de masas comúns das parcelarias ao concello, para diferentes usos sociais e comunitarios.







Comentarios