Os socialistas lamentan "o peche das instalacións do Lalín Arena durante 18 días en agosto"
- ecosdacomarca

- 8 ago 2025
- 2 min de lectura
“Non imos normalizar que se peche un servizo fundamental por moito que o leven facendo os últimos cinco anos e menos que lle mintan aos usuarios”, recalcan os socialistas
Ecos da Comarca/Lalín
O PSdeG-PSOE de Lalín lamenta que, un verán máis, as persoas usuarias do Lalín Arena sufran o peche de máis de 15 días das instalacións deportivas. O concelleiro socialista Mario López considera “inxustificable” o peche na primeira quincena de agosto e sinala que “por moito que o leven facendo os últimos cinco anos, non imos normalizar”.

Os socialistas esíxenlle ao goberno "que deixe de enganar ás persoas usuarias destas
instalacións e dean as explicacións reais de por que volven pechar o Arena neste 2025 18 días". Afirma que a causa real "é unha mala xestión do persoal e non a realización de actuacións de mantemento". “Durante os anos anteriores xustificaron o peche cun cambio
de máquinas do ximnasio que se fixo nunha mañá, logo cun paro biolóxico na piscina e
con obras da envolvente, que para nada afectaban a servizos como a sala de ximnasio ou
as pistas de pádel. Agora, simplemente falan de actuacións de mantemento que
compartimos que se realicen, pero que para nada xustifican o peche durante 18 días”.
Así, o concelleiro socialista sinala que solicitarán por escrito cada unha das actuacións de
mellora e mantemento realizadas e o tempo e os recursos dedicados a cada unha “porque
noutros veráns os cambios e melloras non foron percibidos polas persoas usuarias, que son as que realmente deberían notalos”.
Publicidade
O edil socialista sostén que “aos usuarios non lles importa que non se lles pase a cobro a
metade do recibo de agosto ou que se lles amplíe en 15 días a caducidade dos bonos,
como se fixo noutros anos, pois o que queren é que este servizo público funcione
correctamente e con garantías”. Ademais, neste ano a única información que tiveron foron
os carteis colgados nas instalacións, xa que nas redes sociais e demais medios, “que si
empregan para propaganda”, non os utilizan para ofrecer información útil. “Deberían ser
máis transparentes e facilitar esa información, indicando se este ano tamén se lles aplicará
a redución do recibo e a ampliación dos días para uso dos bonos”.
Publicidade
López recálcalles que os servizos públicos deberían estar sempre dispoñibles para a
veciñanza “e máis cando lle sobes os impostos desorbitadamente”. “No verán veñen
moitos retornados/as que queren seguir coa súa actividade deportiva e o Lalín Arena
podería ser unha boa instalación para isto, pero teñen que recorrer a outros ximnasios
para poder ter este servizo”.








Comentarios