top of page

Os socialistas lalinenses critican que "nin Crespo nin Conde apostan por máis industria para Lalín"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Sinalan que “ningún dos proxectos tractores da Xunta de Galicia para o Plan de

Recuperación se vai situar en Lalín nin no Deza”


Ecos da Comarca/Lalín

Os socialistas de Lalín consideran de “propaganda electoral de terceira división” a recente visita do vicepresidente da Xunta e conselleiro de Industria a Lalín, porque apuntan que o que se observa "é que nin desde a Xunta de Galicia nin dende o Concello de Lalín se aposta polo desenvolvemento industrial da nosa vila". Así, a candidata socialista á Alcaldía, Alba Forno, sinala que “dos proxectos tractores que presentou a Xunta de Galicia para o Plan de Recuperación e Resiliencia ningún se sitúa en Lalín, nin tan sequera na comarca” e lamenta que “veña a falar aquí o vicepresidente da Xunta e Crespo non sexa capaz de reivindicar o potencial de Lalín”.

Segundo Forno “está claro que un dos motivos é a falta de solo industrial da que tanto Conde coma Crespo son responsables”. Incide que ó máis “lamentable” é que o alcalde “leva 14 anos falando da ampliación e non se moveu unha pá”. “É triste que Crespo non lle pregunte a Conde por que hai proxectos para Caldas, Palas de Rei, As Pontes, Ferrol, Cerceda… pero non para Lalín”.


O certo para os socialistas é que o PP está “nunha deriva clientelar que se basea en darlle contratos do Concello a amigos e afíns para comprar ou manter vontades, pero non

hai unha política industrial para a nosa vila nin desde o Concello nin desde a Xunta de Galicia”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Finalmente, a candidata socialista pregúntase “como é posible que habendo un Plan de Recuperación con decenas de convocatorias abertas nin o Concello de Lalín nin a

Asociación de Empresarios do Deza (AED) traballasen o máis mínimo para achegarlle á

cidadanía as posibilidades existentes” e conclúe afirmando que o PP “non quere cartos de

administración de outra cor para as empresas de Lalín, non vaia ser que se lles rompa o

sistema de intercambio de dereitos por favores”.


Actos

Por outra parte, o PSOE anuncia dous actos para a vindeira semana. Así o xoves 20 de abril habrá un encontro cos veciños de Zobra no local social desta parroquia baixo a iniciativa As aldeas da Xente. Será ás 19:30 horas. Intervirán Alba Forno e Valentín G. Formoso, secretario xeral do PSOE.


Mentres, o venres 21, no Café Camilo, ás 20:30 horas, terá lugar o acto O Lalín da Mocidade. Asistirán Laura Nercellas, secretaria de Igualdade do PSOE de Lalín, Alba Forno e Xurxo Doval, secretario xeral das Xuventudes Socialistas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page