top of page

Os socialistas do Pino demandan a regularización das vivendas turísticas no municipio

Solitican que o Concello, en base á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, restrinxa este tipo de negocios "polas continuas molestias" ás comunidades de propietarios


Ecos da Comarca/O Pino

O PSdeG do Pino demandará no Pleno ordinario de xuño a regularización das vivendas turísticas no núcleo urbano de Pedrouzo, en Arca (O Pino). Indican que este tipo de negocios que carecen de licencia municipal están a causar multitude de molestias aos

veciños e veciñas residentes nas distintas comunidades de propietarios domiciliadas no Pedrouzo.

Autor: PSOE O Pino.

Destacan, entre outras, "os ruídos a horas intempestivas, a sensación permanente de inseguridade, a privación de descanso, os danos en bens comúns, os altercados", etc. “Problemática que sofren os nosos veciños/as e onde o Concello ten a obriga de actuar xa, restrinxindo e regulando este tipo de negocios destinados ao uso turístico”, afirman desde o Grupo Socialista municipal.


O PSdeG local insta ao Concello que, en base a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, regule este tipo de negocios. "Solicitando á Xunta de Galicia que non inscriba e borre, do Rexistro autonómico, as vivendas de uso turístico asentadas no termo municipal que carezan de licencia de actividade como xa están a facer outros concellos como por exemplo, o de Santiago”, indica o voceiro socialista, Óscar Vilar.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na iniciativa, que será debatida no Pleno ordinario deste martes 28 de xuño tamén demandan que calquera solicitude de licencia municipal para vivendas de uso turístico terá que ser tramitada dándolle audiencia ás comunidades de propietarios afectadas, co obxecto de que estas poidan presentar as alegacións que estimen, por considerar esta actividade como molesta para a veciñanza do inmoble.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page