Rexistrou este xoves unha moción para debater este asunto no pleno ordinario correspondente ao mes de setembro
Ecos da Comarca/Melide
O PSdeG-PSOE de Melide rexistrou este xoves unha moción, para debater no pleno ordinario correspondente ao mes de setembro, na que se solicita á Xunta de Galicia que as inversións que se precisan nos centros educativos de Melide, sexan incluídas nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
Publicidade
A voceira socialista, Mónica Barral, afirma: “Consideramos que este, é o momento axeitado para que o pleno municipal de Melide, requíralle á Xunta de Galicia os necesarios e pertinentes investimentos, que segundo a súa atribución de competencias debe realizar nos centros educativos de Melide”.
Publicidade
Commentaires