top of page

Os socialistas de Lalín recalcan que se "a AP-53 ten peaxe é por culpa do PP"

Forno pídelle ao senador Crespo “un mínimo de coherencia e dignidade política cando falamos dun tema tan serio” lembrando que “ata hai menos dun mes dicía que a gratuidade era inviable”


Ecos da Comarca/Lalín

Os socialistas de Lalín recórdanlle a José Crespo que “a AP-53 ten peaxe por culpa e responsbiliadade exclusiva do Partido Popular”. “Os lalinenses e os galegos están fartos de que o PP lles tome o pelo con esta autopista; unha autopista que debeu ser gratuíta pero á que o Partido Popular lle impuxo unha das peaxes máis caras de España, privatizándoa por décadas e facéndonos pagar aos lalinenses desde Dozón”, incidiu a secretaria xeral, Alba Forno, recordando que “a diferenza clara na xestión das infraestruturas é que nós construimos o treito ata Ourense gratuito”.

Así, sinala que “desafortunadamente para o PP, os lalinenses e galegos temos memoria, sabemos quen nos colocou esta lousa e sabemos tamén que vai ser o Goberno de Pedro Sánchez grazas á xestión e influencia de Besteiro o que vai aplicar unhas rebaixas históricas coas que se solucionará unha desfeita máis do Partido Popular”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ao memso tempo, anunciou a presentación dunha mocion solicitándolle aos grupos políticos nas cámaras estatais o apoio á rebaixa da peaxe da AP-53 e de todas as peaxes en Galicia.A socialista reclamoulle ao senador Crespo “un mínimo de coherencia e dignidade política cando falamos dun tema tan serio” lembrando que “ata hai un mes dicía que a gratuidade era inviable”. “Quizais foi Baltar quen lle fixo cambiar de opinión e lle pediu quitar a peaxe para poder pasar a 200 por hora”, ironizou.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Alba Forno sinalou que “este grotesco cambio de estratexia de Crespo demostra que ao PP non lle interesa rebaixar a peaxe, o que lle interesa é seguir utilizando a AP-53 como arma para confrontrar co Goberno central e coa que facerlle campaña a Rueda”. Forno recordou a “cronoloxía da insensatez e o desevarío” de Crespo coa autopista. “Caladiño cando Aznar e Fraga aplican unha das peaxes máis caras de España, pancartas contra Zapatero, desaparecido sendo presidente da comisión de Fomento no Senado con Rajoy, firmas e bramidos para pedirlle a rebaixa a Pedro Sánchez e cando se consegue di que non lle vale”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Fronte isto, Forno defendeu a “coherencia” dos socialistas, que piden a transferencia da autoestrada desde o ano 2005, mentres o PP impedía incluso que se debatera no Congreso cando Ana Pastor era presidenta da Cámara e Rajoy presidente do goberno. “Só se acordaron da transferencia cando se conformou o goberno de Pedro Sánchez e só para utilizar a autoestrada como estratexia confrontación”. “O PP”, dixo, “demostra cada día que non quere mellorar a vida dos galegos e das galegas e que só quere provocar conflito”. 


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page