top of page

Os socialistas de Lalín celebraron un cocido que reuniu a máis dun cento de militantes e simpatizantes

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Deza

Os socialistas de Lalín celebraron este sábado un cocido que reuniu a máis dun cento de militantes e simpatizantes na Casa Pablo da Goleta.

No ágape homenaxeáronse aos militantes con máis anos na agrupación así como aos máis novos. A secretaria xeral, Alba Forno, reivindicou que o proxecto dos socialistas de Lalín está máis vivo ca nunca “con ideas, equipo e alternativas firmes e honestas coas que mellorar a vida da nosa veciñanza”.


Forno agradeceu o traballo de cada militante, dos concelleiros do actual mandato e dos anteriores, así como do compañeiro eurodeputado, Nicolás González Casares.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Á comida, na que estiveron, entre outros a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e o de Rodeiro, J L Camiñas, serviu de conxura para “seguir traballando para que o proxecto socialista siga crecendo en Lalín e a nosa vila conte máis pronto ca tarde cunha alcaldesa socialista”.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page