top of page

Os socialistas comprometen un TAC e máis persoal sanitario para cubrir as necesidades reais da cidadanía no CIS de Lalín

Manuel Cuiña reclama para o CIS “todo o equipamento que sexa preciso” e advirte que “non imos permitir que sexa a escusa para desarticular servizos como o PAC de Silleda e Vila de Cruces”


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE con Besteiro na presidencia da Xunta adquiriu o compromiso de dotar o novo Centro Integral de Saúde (CIS) de Lalín dun TAC para a realización de probas diagnósticas, así como de máis persoal sanitario para favorecer unha atención sanitaria acorde ás necesidade de Lalín e da contorna e evitar desprazamentos continuos ao CHUS. Así o asegurou o deputado autonómico e número 4 por Pontevedra, Julio Torrado, nunha visita ás obras do centro xunto co exministro, José Miñones, o número 4 por Pontevedra, Manuel Cuiña, a secretaria xeral dos socialistas de Lalín, Alba Forno, o eurodeputado, Nicolás González Casares, e demais membros do PSdeG-PSOE local.


Torrado advertiu de que “o PP chega moitos anos tarde á construción do CIS e ademais vai

chegar tarde a cumprir os compromisos relativos a que conte con todos os recursos e servizos necesarios”. Por iso, asegurou que “seremos os socialistas quen a partir do 18 cumpriremos as demandas sanitarias de Lalín e dotarémolo dun TAC para a realización de

probas diagnósticas, o que contribuirá a liberar moito as listas de espera hospitalarias.

O deputado autonómico comprometeu tamén a dotación do persoal necesario para dar

cobertura ás demandas sanitarias reais da zona e lembrou que desde a chegada do PP á

Xunta en 2009 hai en Galicia 900 médicos menos e alertou de que “o PP non ten previsto

para este centro ningunha incorporación nova de profesionais”.


Sinalou que “a mellor tecnoloxía sanitaria son os profesionais” e asegurou que “desde o

Goberno socialista da Xunta imos recuperalos para recuperar unha Atención Primaria

desmantelada polo PP, comprometéndonos a que ningunha cita co médico de cabeceira se prolongue máis de 48 horas”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O exministro de Sanidade e Deputado, José Miñones, acusou á Xunta de non aproveitar os

fondos transferidos polo Goberno de Pedro Sánchez a través de plans como o Inveat ou o

Minap, que suman 1.300 millóns de euros para melloras en equipamentos sanitarios e en

centros de saúde. Subliñou que “a Xunta recibiu o diñeiro pero non sabemos que fixo con el” destacando que “este centro de saúde de Lalín é o exemplo perfecto para reclamar que o goberno de Rueda execute eses fondos que lle asignou o Goberno de Pedro Sánchez e que instale aquí o TAC que é tan necesario e que os socialistas nos comprometemos a traer cando cheguemos á Xunta de Galicia”.


O número 6 por Pontevedra, Manuel Cuiña, sinalou que o Deza é a única comarca que “non ten ningún servizo sanitario de segundo grao e temos que ir para todo ao hospital, cuestión que é moi grave debido ao deterioro que sofre a atención primaria por culpa dos recortes e a precarización do PP”. Cuiña deixou claro que desde “os socialistas imos reclamar para este centro todo o equipamento que fai falla como espazo sanitario de referencia comarcal” e advertiu de que “o que non imos é permitir que o CIS de Lalín sirva para acabar seguir desintegrando outros servizos sanitarios que xa están completamente deteriorados como é o PAC que comparten Silleda e Vila de Cruces”.


A secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, recordou que “levamos moitos anos de atrasos non CIS, moitas fotos, moito vender cada ladrillo que se pon nos medios de comunicación, pero a realidade é que chega demasiado tarde e arrastra incumprimento tras incumprimento”. Forno lamentou que “ía estar feito non 2019, pero en 2024 a realidade é que non sabemos cando vai entrar en funcionamento”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Acusou á Xunta de Rueda de desprezar a Sanidade de Lalín “cun centro de saúde que cae a cachos literalmente e co novo cerrado, do que non se coñece aínda o contido”. “Non imos permitir que se faga un simple traslado do persoal e dos recursos do vello ambulatorio ao CIS, reclamamos que se dote dun TAC, de especialidades, de máis persoal e de mellores servizos e para iso a única garantía é un goberno presidido por Besteiro”, subliñou.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page