Os sobreirais do Arnego custodiados por Adega, obxecto de investigación pola Universidade de Vigo
- Laura Moure
- 23 jun
- 3 Min. de lectura
Laura Moure/Agolada
Investigadoras da Universidade de Vigo visitaron a pasada semana a parcela custodiada por ADEGA nos Sobreirais do Arnego, Zarra da Pena (Agolada) dentro do proxecto internacional EVOLBIOME, que ten como obxectivo o estudo da coevolución de plantas e microorganismos. As biólogas María Gómez Brandón (GEA-Uvigo) e Celestino Quintela Sabarís (BEV1-UVigo) están a realizar análises en diferentes tipos de bosques e cultivos forestais na Galiza, nos que recollen mostras de solos, raíces, cortiza, madeira e follas para estudar as comunidades de microorganismos en cada un deses compartimentos biolóxicos.

As recollidas na Zarra da Pena e noutras localidades galegas serán enviadas ao IRNAS CSIC (Sevilla), onde serán analizadas xunto con mostras recollidas por outras científicas en diversos lugares de África, América, Asia, Europa e Oceanía.As investigadoras da UVigo agradecen a ADEGA por permitir realizar este estudo na Zarra da Pena, e tamén por conservar os nosos bosques autóctonos que, entre moitas outras cousas, serven como laboratorios naturais que nos axudan a comprender mellor o funcionamento da natureza.
Publicidade
ADEGA asinou no ano 2018 un acordo de custodia do territorio coa familia propietaria desta parcela, unha finca privada no corazón da Zona de Especial Conservación Sobreirais do Arnego. Nesta parcela, na que aínda se conserva unha boa representación dos sobreirais que nun tempo ocupaban a zona, ADEGA está a desenvolver numerosas accións de estudo e conservación, así como labores de restauración.Unha das liñas de traballo reflexado, neste e noutros acordos de custodia do territorio de ADEGA, é o estudo e investigación dos ecosistemas para así, co coñecemento adquirido, poder tomar decisións de cara a unha xestión máis ecolóxica. Neste sentido, ADEGA acolle, a través do Proxecto FLuviatilis no que participa, numerosas xornadas de ciencia cidadá da man de persoas expertas en diferentes campos, ademais de dar espazo ás tarefas de investigación deste proxecto da Universidade de Vivo ou do proxecto SPIDCHANGE da Universidade de Barcelona.
Outra das actuacións a destacar é o estudo das comunidades de quirópteros realizados canda á empresa SOREX Ecoloxía.A custodia do territorio ofrece, pois, a posibilidade non só de propoñer accións de conservación, senón tamén de promover a investigación, unha experiencia multidisciplinar que está a converter o Proxecto da Zarra da Pena nun referente de estudo e conservación na península.
Os traballos de ADEGA na custodia do territorio
ADEGA asinou no ano 2018 un acordo de custodia do territorio coa familia propietaria da Zarra da Pena, unha finca privada no corazón da Zona de Especial Conservación Sobreirais do Arnego. Nesta parcela, na que aínda se conserva unha boa representación dos sobreirais que nun tempo ocupaban a zona, ADEGA está a desenvolver numerosas accións de estudo e conservación, así como labores de restauración.Unha das liñas de traballo reflexado, neste e noutros acordos de custodia do territorio de ADEGA, é o estudo e investigación dos ecosistemas, co obxectivo de poder tomar decisións para unha xestión máis ecolóxica.
Publicidade
Neste sentido, ADEGA acolle, a través do Proxecto FLuviatilis no que participa, numerosas xornadas de ciencia cidadá da man de persoas expertas en diferentes campos, ademais de dar espazo ás tarefas de investigación deste proxecto da Universidade de Vigo ou do proxecto SPIDCHANGE da Universidade de Barcelona. Outra das actuacións a destacar é o estudo das comunidades de quirópteros realizados canda á empresa SOREX Ecoloxía.
A custodia do territorio ofrece, pois, a posibilidade non só de propoñer accións de conservación, senón tamén de promover a investigación, unha experiencia multidisciplinar que está a converter o Proxecto da Zarra da Pena nun referente de estudo e conservación na península.
Comentários