top of page

Os silledenses Marco Lorenzo e Diego Gil presentan o seu novo coche de rali o día 24 en Lalín

Cambian de montura para a presente tempada con obxectivos diferentes dentro do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto


Laura Moure/Silleda

Tras competir a tempada pasada ao completo cun Peugeot 106 Fase 1, o equipo trasdezano formado por Marco Lorenzo e Diego Gil cambia de montura para a presente tempada con obxectivos diferentes dentro do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O vehículo elixido é un Peugeot 106 igualmente, aínda que se trata dunha unidade con carrocería máis moderna, coa que tentarán conseguir un bo posto dentro do Volante FGA, encadrados na bolsa PXP-25, unha promoción para novos pilotos que conta cun moi bo premio final da Federación Galega de Automobilismo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Aos que lles guste o mundo do motor, o equipo convida á presentación da nova decoración, que será o vindeiro sábado día 24 a partir das 20:00 horas no Bar Xandú, situado na Rúa Luis González Taboada, número 48, en Lalín. Á parte do seu vehículo, presentarase tamén o Citroën Saxo do equipo formado por David Fernández e Martín Villanueva.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, estarán expostos varios vehículos de competición, e haberá degustación de petiscos para todos os asistentes. "Como sempre, agradecer a todos patrocinadores, familia, amigos, e todos os que en xeral axudan dunha forma e outra a afrontar a tempada", sinala o equipo silledense.



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page