top of page

Os silledenses Marco Lorenzo e Diego Gil convírtense no equipo becado pola Federación Galega de Automobilismo para a vindeira tempada

Ecos da Comarca/Silleda

O equipo silledense, defendendo as cores da Escudería JRT Motorsport, culmina unha impecable tempada co Peugeot 106 como vencedores do Volante FGA - Beca PXP25 nun complicado 55 Rally de Ferrol. Desta maneira, Marco Lorenzo e Diego Gil convértense no equipo becado pola Federación Galega de Automobilismo para a vindera tempada, na que participarán cun Renault Clío Rally5 no Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.

Un obxectivo conseguido nun campionato con nove probas puntuables, na que computan os seis mellores resultados. A falta de dúas probas, Rali Ribeira Sacra e San Froilán, o equipo trasdezano suma cinco vitorias e un segundo posto dentro do Volante FGA, o que os convirte matematicamente en gañadores anticipados do campionato.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Un soño feito realidade, que non sería posible sen a axuda recibida de familiares, amigos, e todos os patrocinadores que aportaron o seu gran de area para converter esta tempada 2024 nun ano difícil de igualar", subliña o equipo.


Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page