top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Os sidellenses Marco Lorenzo e Diego Gil, líderes do Volante FGA no Rali do Cocido

Ecos da Comarca/Silleda

O Cocido sempre é un rali duro, cuns tramos complicados, que aínda o son máis cando a meteoroloxía é tan cambiante como nesta edición, sinala a dupla formada por Marco Lorenzo e Diego Gil. Nun rali que comezaba con problemas para o equipo Silleda Motorsport, cun coche que se apagaba na cerimonia de saída e tendo que reparalo durante a noite, todo foise encamiñando na xornada do sábado para conseguir a vitoria cunha renda de 39 segundos sobre Maikel Santos.

Os de Silleda conseguían manter un ritmo constante, e aproveitar o momento no que o vixente líder, Joaquín Pérez, sufría unha avaría mecánica para situarse en primeira praza tras a primeira pasada ao tramo de Mouroces, posición que non cederían ata o final da proba, aguantando os ataques de Maikel Santos no tramo de Rodeiro, e respondendo cuns excelentes cronos nas dous especiais de Saborida.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así, con dúas vitorias na Bolsa PXP, e unha vitoria e un segundo posto no Volante FGA, sitúanse no liderado de ambas as copas de promoción, debido a que defenderán dentro de 15 días no Rali Berberecho de Noia. Como sempre, isto non sería posible sen a axuda de familiares, amigos e patrocinadores, aos que o equipo quere enviar agradecementos.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page