top of page

Os servizos de emerxencias traballan na recuperación dun corpo localizado no río Ulla, na Estrada

Ecos da Comarca/Xeral

Os servizos de emerxencias traballan na recuperación dun corpo localizado no río Ulla, na Estrada. Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia dun corpo aboiado na auga. A Unidade de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) desprazouse ata a zona cun equipo de iluminación, aínda que o caudal do río e o difícil acceso a este fixeron que houbese que retrasar o rescate.

Onte recibiuse a primeira chamada alertando por un posible corpo aboiando nas augas do río Ulla ao seu paso pola parroquia de Santa María de Couso, pouco despois das 18:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A partir disto, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros do Deza, Garda Civil, que derivaron ao lugar un equipo acuático, GES de Padrón, Emerxencias da Estrada e Policía Local tanto de Teo como da Estrada.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Aínda con diferentes medios no punto, o rescate do corpo antollábase complicado tanto pola crecida do río como pola pouca iluminación conforme anoitecía. Así, desde primeira hora da mañá, un equipo dos GEAS da Garda Civil e outro equipo da Unidade de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (GALI) atópanse no punto para colaborar co resto de equipos de emerxencias na recuperación do cadáver.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page