Ecos da Comarca/Lalín
Pouco despois das 19:00 horas, un particular solicitaba asistencia médica a través do 112 Galicia logo de que un compañeiro seu caese dentro dunha cubeta, precipitándose desde máis de tres metros de altura.
Publicidade
Con isto, o 112 Galicia informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Silleda, GES de Lalín, Policía Local, Garda Civil de Pontevedra e Agrupación de Voluntarios e Servizo Municipal de Protección Civil de Lalín.
Publicidade
Logo de que os Bombeiros dezanos chegasen ao lugar dos feitos, no Polígono Industrial 2000, estes conseguiron evacuar á persoa da cubeta a través dunha escaleira. O home, desorientado pola caída pero consciente, foi atendido polas urxencias sanitarias e trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Publicidad
Comments