Laura Moure/IsmaelRS/Xeral
Hai unha semana lanzabamos nas nosas redes sociais a fotogragía dunha fermosa flor para saber cantos dos nosos lectores a coñecían. E máis dun sabía como se chamaba e incluso, nos falou dos recordos que lle produce esta planta. Tamén houbo persoas que nos comentaron que nunca a vira. Trátase dunha aguileña ou arquilegia vulgaris.

É unha especie de prantas do xénero Aquilegia, familia Ranunculaceae, nativa das zonas templadas de Europa e Asia. O nome común máis usado é aguileña común, aínda que en Perú, onde se cultiva como ornamental, denomínase aguileño. Estas flores son hermafroditas, o que significa que poseen ambos órganos de reprodución, os masculinos e femininos.
As sementes desta planta utilizáronse na fabricación de perfumes afrodisíacos na antigüidade e dise que as cortesanas a masticaban para exercer mellor o seu oficio. É por este motivo polo que as vestales romanas tiñan absolutamente prohibido calquera contacto con esta planta.
Toxicidade
J. Ramón Gómez, na súa obra A toxicidade das plantas ornamentais, sinala que que algunhas tribos indias de América utilizaban estas plantas coa mesma finalidade que en Europa, utilizándose o po da sementes que frotado sobre a palma das mans do amante, actúa como afrodisíaco cando une as súas mans coas da súa parella.
Ademais, no pasado as follas, as flores e incluso as sementes usábanse con fins terapéuticos. Sen embargo, presenta certa toxicidade, que fora do control dun experto pode causar danos, incluso a morte, porque contén alcaloides similares aos dos acónitos (diterpénicos) e glucósidos cianogénicos, polo que é unha planta potencialmente tóxica, que ademais pode chegar a provocar convulsións.
Comments