Os Reis Magos visitarán O Pino e percorrerán as parroquias ao longo do xoves, 5 de xaneiro
- Laura Moure
- 4 ene 2023
- 2 Min. de lectura
A comitiva das Súas Maxestades iniciarán o itinerario ás 10:45 horas en Pereira e chegarán ao polideportivo de Reboredo ás 19:30 horas
Laura Moure/O Pino
As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente veñen de confirmar que volverán a visitar O Pino este xoves, 5 de xaneiro e anuncian que percorrerán ao longo da xornada todas as parroquias do municipio para conversar coas nenas e cos nenos e recoller as súas peticións para a noite máis máxica do ano, tal e como informa o Concello. Os principais puntos de encontro serán os campos da festas parroquias, excepto en Castrofeito, que chegarán á Escola de Santiso, e en San Miguel de Cerceda, que será na Igrexa.

A comitiva real comezará a súa visita na parroquia de Pereira, ás 10:45 horas, pasando ao longo da mañá por Castrofeito (11:10 horas), Budiño (11:35 horas), O Pino (12:00 horas), Gonzar (12:20 horas), Medín (13:00 horas), Pastor (13:30 horas) e Lardeiros, ás 13:50 horas.
Despois de xantar, pola tarde, a comitiva encabezada por Melchor, Gaspar e Baltasar retomará o itinerario ás 17:30 horas na parroquia de San Breixo, para continuar por San Mamede (17:45 horas), San Miguel de Cerceda (18:05 horas), Cebreiro (18:30 horas) e chegar ás 19:30 horas ao polideportivo municipal de Reboredo, en Arca, onde terá lugar a recepción oficial.
As nenas e os nenos do Pino poderán gozar a partir das 17:30 horas de inchables no polideportivo municipal de Reboredo, mentres agardan á chegada dos Reis Magos. E, o Concello do Pino, aproveitará a espera para facer entrega dos premios do Concurso de Postais ás persoas gañadoras. Tras a recepción oficial, a festa rematará co reparto do tradicional chocolate e roscón de Reis a todas as persoas asistentes.
Comments