Laura Moure/IsmaelRS/Xeral

A xornada de onte foi máxica. Os Reis Magos recorreron os distintos rincóns, entre eles os 17 concellos das comarcas, para reencontrarse cos máis pequenos da casa. Estes aproveitaron para lembrarlles os seus desexos e xa recibiron algún que outro agasallo e moitos caramelos! No vídeo momentos destas visitas nas comarcas:
A cara dos máis pequenos xa dicía todo! E tamén xa se notaban os nervios ante a chegada da noite para deixar todo preparado para esta mañá recibir os agasallos. Por suposto, en todos os fogares non faltaron deixar xunto aos zapatos provisións para os Magos de Oriente e para os camellos.
Sen dúbida, seguro que o agradeceron moito porque lles tocou unha noite de moito traballo! Agora a descansar! Ata o vindeiro ano, Reis Magos! (Intentaremos portarnos ben).
Comments