top of page

Os Reis Magos levarán a ilusión a Cruces coa tradicional cabalgata e a recepción no auditorio Xosé Casal

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Entregaranse os premios dos concursos de postais de Nadal e de escaparates


Laura Moure/Vila de Cruces

O Nadal de Cruces contará, como non podía ser doutra maneira, coa tradicional Cabalgata de Reis mañá, domingo 5 de xaneiro. Unha espectacular carroza, nun tractor co seu gran remolque, levará aos tres Reis Magos, os seus paxes e os partorciños polas rúas do municipio.

Ás 17:30 horas, as súas maxestades visitarán a Residencia Municipal de Maiores de Vila de Cruces e entregarán un agasallo aos residentes. A continuación, ás 18:00 horas, comezará o desfile polas rúas coa tirada de doces a toda a cativada. Xa ás 19:00 horas a comitiva chegará ao Auditorio Xosé Casal onde será recibida polo alcalde. Os Reis Magos entregarán uns agasallos aos máis pequenos e escoitarán as súas peticións para a noite máis máxica do ano.


Publicidade  

Tamén nesta xornada o Concello celebrará os actos de entrega de premios do concurso de postais de Nadal e de escaparates. A gañadora do concurso de tarxetas de felicitación do Nadal foi Sandra Espiño, que recibirá 50 euros, ademais de recibir idéntica cantidade ao ser a escollida no tramo de idade de 17 a 64 años. Na categoría de ata 16 anos gañou Adrián Vence Chacón, que recibirá 50 euros, e na categoría de máis de 65, María Varela Rodríguez, que terá de agasallo outros 50 euros.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No concurso de escaparates de Nadal recibirá o primeiro premio, dotado con 175

euros, Evaristo Rodríguez. En segundo posto quedou María Ramona Taboada, que recibirá 125 euros, ademais do premio á orixinalidade de 75 euros; o terceiro posto foi para Maite Santiago, que recibirá 100 euros; e cuarto lugar para Alberto Otero, que recibirá 70 euros.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page